As persoas que desexen darse de alta neste servizo gratuíto tan só terán que enviar unha
mensaxe de Whatsapp ao número 689 05 83 93 coa palabra ALTA
Laura Moure/Melide
O Concello de Melide continúa a apostar polo emprego das novas tecnoloxías para a comunicación en tempo real dos asuntos de interese para a veciñanza, tal e como indica o propio Concello. Con este obxectivo, hoxe, venres 28 de outubro activará un novo servizo municipal de información e avisos por Whatsapp baixo o nome de InfoMelide.

As persoas que desexen darse de alta neste servizo gratuíto tan só terán que enviar unha
mensaxe de Whatsapp ao número 689 05 83 93 coa palabra ALTA. A fin de recibir correctamente as notificacións, debe gardar o número de teléfono do servizo nos seus
contactos.
Este servizo vén complementar o actualmente existente dentro da app móbil Concello de
Melide, que tamén conta cun sistema de comunicación de incidencias e avisos. "Xunto a
outros elementos como os perfís en redes sociais ou o xornal Melide en vivo, constitúe
unha aposta decidida do Concello de Melide por proporcionar á cidadanía información
frecuente e transparente sobre as actividades municipais e sobre todos aqueles asuntos
que poidan afectarlle", recalca a administración local.
Comments