Laura Moure/Melide
O Concello de Melide abrirá mañá, xoves 24 de xuño, ás12:00 horas, as piscinas descubertas da área recreativa do río Furelos. A apertura, prevista para a pasada fin de semana, tívose que retrasar por mor das adversas condicións metereolóxicas.
A apertura das piscinas permitirá gozar ao 100% da área recreativa, na que se están
realizando tarefas de mantemento durante todo o ano para que se converta nun espazo de desfrute durante os 365 días do ano.
Realizáronse actuacións en todo o entorno, aparcadoiro, zona recreativa, plantáronse árbores e sustituíronse as pedras dos lugares de tránsito que se atopaban en mal estado, entre outras.
O tenente de alcalde e o mandatario melidenses nas piscinas.
Veciños e visitantes tamén poderán bañarse no río Furelos debido a calidade suficiente das súas augas, según o informe emitido por Augas de Galicia. Neste senso, o Concello de Melide informará periodicamente a través das súas canles de comunicación habituais, das análises destas augas por se houbese cambios significativos no seu estado.
O goberno municipal amosa a súa satisfacción polas boas condicións nas que se atopa
a área recreativa mais lamenta o feito de que o leito do río continúe acumulando lodos. O Concello amosou o seu interese por limpar o río solicitando a autorización para drenar este treito no pasado mes de abril, "da que a día de hoxe todavía non se obtivo resposta de Augas de Galicia". Polo tanto, recomendan precaución á hora de bañarse polos lodos acumulados así como por outros materiais de arrastre froito das enchentas invernais.
O Concello de Melide lembrará as medidas de seguridade que terán que cumprir os
usuarios e usuarias da área recreativa do río Furelos a través da cartelería situada nas
piscinas, nas que tamén se mostrarán unha serie de recomendacións. Dende o Concello de Melide fan especial fincapé na necesidade de cumprir coas normas establecidas e de actuar en todo momento con responsabilidade.
Yorumlar