top of page

O Concello de Lalín recibe o certificado de homologación da ruta dos Pazos e Ponte Taboada

Laura Moure/Lalín

O Concello de Lalín recibiu o certificado de homologación físico da Ruta dos Pazos e Ponte Taboada. A concelleira de Turismo, Begoña Blanco, incide “na importancia do sendeirismo no noso municipio onde se integran natureza, etnografía e patrimonio, os ingredientes perfectos para ofertar rutas de calidade”.

Blanco sinala que “coa colaboración de Roteiros de Lalín, o Concello pretende seguir posicionando a rede de sendeiros como referente de Galicia aproveitando a súa localización central na comunidade”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres obter máis información do evento.

“Queremos conseguir que unha das motivacións principais polo que a xente visite Lalín sexa realizar as distintas rutas que discorren ao longo de todo o territorio”, remarca.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Cómpre destacar que que varios dos roteiros posúen xa esta homologación: roteiro dos Pazos e Ponte Taboada (PRG 234); sendeiro de Zobra (PRG 188); ruta do castro de Doade (PRG 210); o roteiro das Devesas do Candán (PRG 227) ou a ruta do Muíño de Cuiña (PRG 248).


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page