Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O Concello de Lalín promove o I Concurso de Fotografía Turística con 950 euros en premios

Cada participante poderá presentar un máximo de catro imaxes e teñen

de prazo ata o 15 de agosto


Laura Moure/Lalín

O Concello de Lalín organiza un concurso de fotografía. "Dado o número crecente de afeccionados á fotografía, ponse en marcha o certame co obxectivo de animar á xente para sacar instantáneas do municipio para darlle unha maior visibilidade a tódolos recursos, patrimonio e infraestrutura turística. Doutra banda, tamén se busca deste xeito que o Concello lalinense poida dispoñer dunha serie de fotografía para utilizar en campañas concretas, en valos publicitarios, imaxes para publicacións en revistas, etc", sinala.


O concurso levará a cabo en colaboración coa empresa de márketing e comunicación Hydra e os premios serán os seguintes: o primeiro posto estará remunerado con 500 euros, o segundo con 300 euros e o terceiro con 150 euros. Tamén se concederá unha mención especial á foto máis orixinal. Cabe mencionar que as cantidades anteriores serán distribuídas en vales de agasallo para consumir nos comercios de Lalín. Cada participante poderá presentar un máximo de catro fotografías, cada unha delas cun titular. Deben de ser instantáneas sacadas directamente, é dicir, sen utilizar ningún tipo de programa que as poida fluctuar.


O xurado estará formado por cinco persoas, que valorarán a calidade artística e técnica, a harmonía na composición, o valor creativo e innovador, o impacto visual, a orixinalidade...


Doutra banda tamén se terá en conta o concepto de Lalín como destino turístico e a súa adaptabilidade a distintos formatos. As fotografías poderán entregarse ata o 15 de agosto e o día 27 dese mesmo mes, coñeceranse os gañadores.


Os interesados poden obter máis información no seguinte enlace:

https://www.lalin.gal/novas/-/asset_publisher/9ntOP0GNWL03/content/id/234265

26 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE