top of page

O Concello de Lalín levará a cabo en novembro novos obradoiros medioambientais nos colexios rurais

Arrancará este xoves no CEIP Varela Buxán de Cercio


Laura Moure/Lalín

O Concello de Lalín levará a cabo neste mes de novembro a segunda edición dos obradoiros medioambientais nos colexios do rural. A formación alcanzará a máis de 100 alumnos/as de Primaria destes centros educativos que coñecerán a biodiversidade presente nos nosos ecosistemas, a relevancia da conservación e levarán ca cabo unha serie de accións para protexela.

A Concellería de Medio Ambiente que dirixe César Reboredo desenvolverá no mes de novembro a segunda edición dos obradoiros medioambientais, en colaboración con Educalecrín. Neste caso os talleres que levarán por título O bosque e os seus habitantes estarán orientados ao alumnado de Educación Primaria dos colexios do rural, continuando así o labor iniciado na pasada primavera nos centros do casco urbano levado a cabo no marco do primeiro obradoiro. A formación será impartida nos colexios de Cercio, Prado, Vilatuxe e na Escola Infantil de Donramiro e alcanzará máis de 100 alumnos/as de Primaria. Nos ditos obradoiros os rapaces coñecerán a biodiversidade presente nos nosos ecosistemas, a relevancia da súa conservación e levarán a cabo unha serie de accións para protexela. Os talleres desenvolveranse conforme ao seguinte cronograma:

  • CEIP Varela Buxán de Cercio, 4 novembro.

  • CEIP Vicente Arias de la Maza, 5 novembro.

  • EEI Donramiro,10 de novembro.

  • CEIP Xoaquín Loriga, 16 de novembro.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page