top of page

O Concello de Lalín convoca o XX Concurso de cartas 'Dillo a quen maltrata' 2023

Ecos da Comarca/Lalín

O Concello de Lalín, con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero, convoca a XX edición do 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐮𝐫𝐬𝐨 𝐝𝐞 𝐜𝐚𝐫𝐭𝐚𝐬 “𝐃𝐢𝐥𝐥𝐨 𝐚 𝐪𝐮𝐞𝐧 𝐦𝐚𝐥𝐭𝐫𝐚𝐭𝐚” 𝟐𝟎𝟐𝟑. As tres mellores cartas elixidas por un xurado entre as vinte preseleccionadas pola organización serán premiadas cun diploma acreditativo e con dispositivos electrónicos de lectura.


Publicidade

Poderán participar todas as persoas que o desexen, podendo enviar un máximo de tres cartas. As cartas deberán ser remitidas xunto coa ficha de inscrición ao Rexistro Xeral do Concello dentro dun sobre pechado, no que figurará XX Concurso de cartas “Dillo a quen maltrata” ou ben enviarse por a 𝙖𝙭𝙚𝙣𝙩𝙚𝙙𝙚𝙞𝙜𝙪𝙖𝙡𝙙𝙖𝙙𝙚@𝙡𝙖𝙡𝙞𝙣.𝙜𝙖𝙡 por separado nun arquivo a carta e noutro a ficha de inscrición.


Publicidade


O prazo de presentación das cartas, que deberán ter como temática as violencias por razón de xénero, abrirase nos próximos días, unha vez se publique no BOPPO o extracto das bases e haberá tempo ata o 9 de novembro.


Publicidade


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page