top of page

O Concello de Dozón rehabilita unha área de lecer de 4,1 hectáreas de superficie na Pena de Francia

O alcalde, Adolfo Campos Vázquez, agarda que os traballos de acondicionamento deste

novo atractivo turístico estean rematados no vindeiro mes de xuño


Laura Moure/Dozón

O Concello de Dozón comezou esta semana a executar os traballos de limpeza, desbroce, rexeneración do solo, poda, prantación de árbores autóctonas e acondicionamento integral dunha área de lecer de 4,1 hectáreas de superficie na Pena de Francia.


O alcalde, Adolfo Campos Vázquez, salienta que grazas ao acordo alcanzado coa Comunidade de Montes será posible a utilización pública deste espazo con fins recreativos e turísticos. Para iso, o goberno local comezou a executar esta semana con recursos propios o proxecto de acondicionamento, concretamente contando cos 20 alumnos/as e os docentes do obradoiro de emprego “Freixo”, cos catro operarios da brigada municipal e co tractor municipal de desbroce.


Segundo indicou o rexedor, estas tarefas de limpeza e conservación enmárcanse nunha primeira fase de posta en valor da contorna e o obxectivo é tela rematada no mes de xuño, varios meses antes da celebración da romaría da Virxe da Pena de Francia a comezos de setembro. Ao respecto, avanzou que nunha segunda fase tratarase de dotar a este espazo natural de novos elementos de mobiliario público.


Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page