Esta iniciativa vai dirixido aos nenos dente tres anos e hai prazas limitadas
Laura Moure/Dozón
O Concello de Dozón organiza o campamento urbano Concilia Verán 2021 que se desenvolverá dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto e que está orientado a nenos e nenas dende 3 anos de idade.
O horario será de 9:30 a 13:30 horas e terá lugar no albergue municipal. Os cativos poderán desfrutar de variadas actividades: piscina, espuma, inchables...
Hai prazas limitadas. Para formalizar a inscrición é preciso recoller no Consistorio un sobre coa documentación, cumprimentala e entregala novamente no Concello. Con posterioridade, confirmarase a praza por teléfono, así como a data dunha reunión previa ao comezo do campamento.
Comments