O Concello de Dozón licita en 4,02 M€ a concesión da obra e explotación da residencia e o centro de día
- Laura Moure

- 3 ene 2025
- 1 Min. de lectura
O edificio, que se ubicará a carón do consistorio, constará dunha superficie construída de 2.274,45 m2 e ofrecerá 58 prazas na residencia e 20 no centro de día
Laura Moure/Dozón
O Concello de Dozón vén de sacar a licitación por un importe de 4,02 millóns de € (IVE incluido) o contrato de concesión de obras para a redacción do proxecto, a construción, o equipamento e a posterior explotación durante un período de 40 anos da residencia de maiores e o centro de día.

Segundo o anuncio de licitación publicado no Perfil do contratante o pasado día 30 de decembro, o valor estimado deste contrato durante os 40 anos da concesión ascende a un total de 54,04 millóns de euros máis IVE. Dito anuncio inclúe tamén os correspondentes regulamentos de acceso e réxime interno, tanto para a residencia como para o centro de día, validados pola Consellería de Política Social e Igualdade.
Publicidade

Cómpre lembrar que, conforme ao expediente aprobado polo pleno o pasado mes de novembro, o edificio construirase nunha parcela de 5.041 metros cadrados de superficie anexa ao consistorio e constará dunha superficie construída de 2.274,45 metros cadrados repartidos en varios módulos. En total, disporá dunha capacidade de 78 prazas para usuarios/as: 58 na residencia de maiores e 20 no centro de día.
Publicidade
As empresas interesadas en presentar ofertas disporán de prazo ata as 24:00 horas do vindeiro 24 de xaneiro. O alcalde, Adolfo Campos, resalta que con esta licitación “estase a cumprir o calendario establecido para que esta infraestrutura estea plenamente operativa ao longo do ano 2026”.







Comentarios