top of page

O Concello de Dozón inaugurará o renovado Consistorio e volverá atender o público nela o luns, 27

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O venres 24 de marzo será o último día no que as dependencias municipais

estarán operativas na actual ubicación provisional


Laura Moure/Dozón

O alcalde de Dozón, Adolfo Campos Vázquez, vén de anunciar que o vindeiro luns día 27 de marzo, ás 12:30 horas, está prevista a

inauguración das obras de reforma e modernización da Casa Consistorial, un acto no que está confirmada a presenza dos deputados provinciais Santos Héctor Rodríguez e Gregorio Agís, posto que esta actuación foi cofinanciada con fondos do programa ReacPon da Deputación de Pontevedra.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

O rexedor local avanzou que este venres 24 será o último día no que as dependencias

municipais estarán operativas na ubicación provisional que veñen ocupando os

últimos meses, polo que calquera veciño/a que o luns 27 precise realizar trámites

presenciais no Concello deberá acudir xa ao Consistorio, que desde a mesma mañá da

inauguración estará xa plenamente operativo.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Nas obras de reforma da Casa Consistorial o Concello de Dozón investiu 405.000 euros

-333.000 euros con cargo ao ReacPon da Deputación de Pontevedra e 72.000 euros de

fondos propios-, ademais doutros 86.000 euros correspondentes á dotación do novo

mobiliario e equipamento, xa que unicamente se conservou o mobiliario do Salón de Plenos.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page