A primeira empresa traballará no sector da impresión e as artes gráficas e o segundo proxecto adicarase á forxa, estampado, embutición, troquelado, corte e repulsado
Laura Moure/Dozón
A Xunta de Goberno Local do Concello de Dozón aprobou esta semana nunha sesión extraordinaria a concesión por un período de 12 meses -prorrogable por outros 12 meses- dos dous espazos dispoñibles no novo Viveiro de Empresas á firma de recente creación Grafidozón e ao proxecto de emprendemento de José Ramón Janeiro Gil.
No caso de Grafidozón, o espazo asignado é o denominado Zona 1, que ten unha superficie de 230,01 metros cadrados e que se destinará á actividade de impresión e artes gráficas, coa que se crearán dous postos de traballo a xornada completa.
Pola súa parte, José Ramón Janeiro Gil disporá dunha superficie de 229,93 metros cadrados, correspondente á denominada Zona 2, para desenvolver actividades de forxa, estampado, embutición, troquelado, corte e repulsado, coas que se xerará un novo posto de traballo a xornada completa.
Segundo consta no acordo da Xunta de Goberno Local, os beneficiarios da concesión dispoñen dun prazo de 15 días para subscribir o acordo de cesión do espazo e dun período adicional dun mes para ocupar as instalacións.
Comments