top of page

O Concello de Dodro aproba instar á Xunta a que acepte as alegacións en contra de Altri en Palas

O PP deste municipio levou unha moción para apoiar esta empresa, pero foi rexeitada polos votos de parte da Corporación


Ecos da Comarca/Xeral

Longa sesión, de máis de tres horas, a do pleno ordinario de Dodro correspondente ao mes de maio e que se celebrou na noite deste xoves. A intención da portuguesa Altri de instalar unha celulosa en Palas de Rei foi un dos asuntos destacados xa que centrou dúas da mocións en sentidos opostos.

Unha pancarta contra Altri na Eira da Xoana de Ramil, Agolada. Autor: Ecos da Comarca.

A de Unidade Veciñal de Dodro pedíu que as distintas Consellerías implicadas estimen as alegacións presentadas polos distintos colectivos, entre eles o propio concello de Dodro. Foi aprobada cos 6 votos a favor de PSdeG, UVD e BNG, votando en contra os 5 concelleiros de Xente de Dodro e Partido Popular.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

A segunda moción foi presentada polo PP e pedía nun primeiro punto o apoio para a planta de Altri e, nun segundo acordo, instaba á Xunta de Galicia a dar prioridade ao proxecto. A moción foi rexeitada cos 6 votos en contra de PSdeG, UVD e BNG e 5 a favor de XD e PP.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O pleno completo pode visualizarse no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=D-fASWFAl2A

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page