top of page

O Concello de Cruces establece unha normativa que regulará a retirada de madeira neste municipio

O obxectivo é preservar o entorno e garantir o axeitado manexo forestal


Laura Moure/Vila de Cruces

O alcalde de Vila de Cruces, Luis Taboada, informa a todas as veciñas e veciños que, co obxectivo de preservar o entorno e garantir o axeitado manexo forestal, estableceuse unha normativa que regula a retirada de madeira no concello. Ao mesmo tempo, o mandatario fai un chamamento a todos os madeireiros e persoas involucradas na actividade, instándoos a familiarizarse e cumprir estritamente coa mencionada normativa.

"É esencial para manter o equilibrio medioambiental e previr posibles danos ao noso entorno natural. Concedeuse un prazo máximo de 15 días a partir da data deste comunicado para que aqueles que aínda non cumpran coa normativa procedan a regularizar a súa situación. Transcorrido este período, o Concello tomará medidas correspondentes no caso de incumprimento", sinala o rexedor cruceño.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Así mesmo adianta que o incumprimento da normativa non só pode acarrear sancións económicas en forma de multas, senón tamén responsabilidades legais polos posibles

desperfectos causados ao entorno natural. O Concello de Vila de Cruces vixiará pola aplicación rigorosa destas medidas co fin de preservar o patrimonio natural.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Para obter máis información e consultar a normativa, instase aos interesados a poñerse en contacto coa Oficina de Medio Ambiente do Concello. "Agradecemos a colaboración de todas e todos para garantir o benestar do noso entorno e o cumprimento das regulacións establecidas", recalca Taboada.

Komentarze


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page