O Concello de Cruces está construíndo en Carbia un depósito de auga de apoio na extinción de incendios
- Laura Moure

- 23 ago 2025
- 1 Min. de lectura
A parcela da súa localización está atravesada por un regato que conta con gran caudal todo o ano
Laura Moure/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces está realizando no lugar do Pousadoiro, na parroquia de Carbia, as obras necesarias para a construción dun depósito de auga de apoio na extinción de incendios (tan necesario nesta época do ano en Galicia).
A parcela da súa localización está atravesada por un regato que conta con gran caudal todo o ano. Ademais linda coa estrada autonómica PO 960 e coa pista de acceso ó lugar do Pousadoiro (Carbia), polo que a comunicación é perfecta para axudar en caso dunha urxencia, polo fácil acceso (incluso para un helicóptero de incendios).
Publicidade
Trátase dun depósito cunhas dimensións interiores de 10 x 15 metros e cunha capacidade de almacenamento de 225 metros cúbicos. Para que a alteración do caudal do regato sexa mínima, tomáronse todas as medidas necesarias.
Publicidade
O Concello de Vila de Cruces ten unha superficie de 154,5 km², polo que conta cunha gran masa forestal. Estes datos, xunto coa realidade que vive Galicia cos incendios, son os que fan necesarios a construción de moitos máis puntos de auga. O alcalde, Luis Taboada, ve necesario que, a Xunta de Galicia conceda ó municipio moitas máis axudas, para poder seguir realizando proxectos coma este, tan útiles para unha resposta inmediata en caso de incendio, e sobre todo, para que o Concello conte cos medios necesarios e adecuados nas súas actuacións en caso de urxencia.








Comentarios