top of page

O Concello de Cruces esixe á Sanidade a restauración inmediata do servizo de pediatría a xornada completa

“É unha necesidade urxente, xa que actualmente estase vendo comprometida a calidade

da atención e o acceso equitativo á sanidade pública”, subliña o ente local


Laura Moure/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces enviou un escrito á Consellería de Sanidade e á Xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza solicitando a restauración “inmediata” do servizo de pediatría a xornada completa no centro de saúde do municipio.

O Concello explica que ata fai un mes o centro de saúde cruceño dispoñía dun servizo de pediatría a xornada completa para a atención das 512 crianzas en idade de atención pediátrica –de 0 a 16 anos– do municipio. Pero desde mediados de setembro, e por decisión da Consellería de Sanidade, o Concello sinala que o centro médico da vila só presta atención pediátrica dous días á semana, posto que a titular da praza cruceña

atende tres días en Silleda ante a baixa da pediatra do concello veciño.


Con esta medida de servizo compartido, o Concello de Vila de Cruces considera que se

están vendo afectadas e prexudicadas as familias de Cruces e tamén as máis de 1.000

crianzas de Silleda, ao ver minguados os seus dereitos no que respecta ao acceso á

atención pediátrica que precisan, cun recorte “drástico” na calidade da atención sanitaria.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“É unha necesidade urxente, xa que actualmente estase vendo comprometida a calidade

da atención e o acceso equitativo á sanidade pública” –sinalan desde o Concello–.

Tamén o Concello explica que a dispersión xeográfica propia de Cruces provoca que haxa

familias que teñan que desprazarse ata 35 minutos para ir coas súas crianzas ao centro

médico de Silleda.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page