top of page

O Concello de Cruces convoca subvencións para a realización de traballos agrícolas e gandeiros

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O importe será de 40 euros por xornada completa, cun máximo de 30 xornadas por explotación e mínimo media xornada de traballo e non superará o 50% do gasto realizado


Laura Moure/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces convoca subvencións para a realización de traballos agrícolas e gandeiros. Serán destinadas a traballos agrícolas no rural mediante incentivos á contratación temporal de traballaadores asalariados, entidades o autónomos para realizar diversos traballos propios da explotación agrícola ou gandeira, sobre todo en circunstancias de acumulación de tarefas ou épocas de sobrecarga de traballo estacional. O anuncio publicouse este luns no boletín oficial da provincia.


Poderán solicitar estas axudas os agricultores e gandeiros que cumpran os requisitos establecidos na Lei de Subvenciones de Galicia, e ademais:

• Que sexan titulares ou cotitulares de explotacións agrarias e gandeiras domiciliadas no municipio de Vila de Cruces.

• Que obteñan ao menos o 25% da súa renta anual de actividades agrarias exercidas na súa explotación. No caso de darse de alta na actividade nos anos 2020 ou 2021 deberá acreditarse esta circunstancia e estará exento de acreditar a orixe dos ingresos.

• Que figuren dados/as de alta no sistema especial dos traballadores por conta propia agrarios/as do réxime especial dos traballadores por conta propia ou autónomos, así como os encadrados en dito réxime pola súa actividade agraria.

• No caso de ser persoas xurídicas o obxeto social das mesmas referirase a actividades agrarias ou gandeiras. Neste suposto non son de aplicación as declaracións do IRPF.

• No caso de persoas físicas, que estén empadroadas no municipio de Vila de Cruces, o qye será comprobado de oficio. As persoas xurídicas deberán ter o seuomicilio social en Vila de Cruces.


Contías

As subvencións financiaranse con cargo á partida orzamentaria 2021/410/479 do Orzamento prorrogado aprobado para o exercicio 2019, sendo o crédito total destinado ás axudas 8.000 euros. O importe da subvención será de 40 euros por xornada completa de traballo, cun máximo de 30 xornadas por explotación e mínimo media xornada de traballo. O importe subvencionado non poderá superar o 50% do gasto realizado. Considerarase xornada completa de traballo a consistente en oito horas diarias de traballo efectivo. No caso de xornadas inferiores a subvención diminuirase proporcionalmente.


Haberá un mes, a partir del día siguiente ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial de la Provincia de Pontevedra, e dicir dende este martes, 8 de xuño, para presentar as solicitudes.


Os interesados poden obter máis información no seguinte enlace:



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page