top of page

O Concello de Cruces convoca cursos de natación para o verán na súa piscina municipal

As persoas interesadas en aprender ou mellorar a súa técnica de nado poderán solicitar a súa praza do 8 ao 12 de xuño


Laura Moure/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces convoca cursos de natación para este verán 2026. A proposta facilitará a aprendizaxe e a mellora das habilidades acuáticas dos participantes, persoas de todas as idades e niveis de natación, agás os nenos e nenas nacidos entre 2023 e 2026.

A actividade, que se realizará na piscina municipal de Vila de Cruces, sita na rúa Neira

Vilas 38, desenvolverase nos meses de xullo e agosto con cursos de iniciación, perfeccionamento e para adultos. No mes de xullo, formaranse seis grupos que farán

os cursos de martes a venres en diferentes horarios de 11:00 a 15:40 horas; e no mes

de agosto crearanse cinco grupos, igualmente de martes a venres de 11:00 a 15:40

horas.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O formulario de solicitude, dispoñible nas dependencias do Concello ou na súa páxina

web www.viladecruces.es , presentarase xunto á documentación complementaria do 8

ao 12 de xuño de forma presencial no rexistro municipal ou na súa sede electrónica.


Como requisitos para a concesión das prazas, o Concello comprobará que a persoa solicitante está empadroada en Cruces e seguirase unha estrita orde de inscrición. O prezo dos cursos será de 35 euros ao mes por persoa usuaria, agás no caso das nenas e nenos admitidos no Programa Concilia de Verán para os que os cursos de natación terán un custo de 25 euros por mes. O pago efectuarase no número de conta habilitado polo Concello unha vez confirmada a admisión da persoa participante.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

A listaxe de persoas admitidas publicarase no taboleiro de anuncios do Concello e na

súa páxina web. Máis información no Ximnasio Municipal de 17:00 a 21:00 horas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page