Sen embargo, veciños e afectados que se puxeren en contacto con ECOS DA COMARCA consideran que isto non é suficiente e que a actuación "vai durar dous días"
Laura Moure/IsmaelRS/Vila de Cruces/Touro
Hai xusto seis días ECOS DA COMARCA publicaba as queixas de veciños e condutores polo estado lamentable que presenta a estrada que vai dende a ponte Remesquide a Brandomés e que une os municipios de Vila de Cruces e Touro. Ademais, aseguraban que tanto o Concello de Vila de Cruces como o de Touro non facían nada ao respecto. Pois parece que por fin as súas demandas foron escoitadas. Eses mesmos afectados puxéronse en contacto hoxe con nós para informarnos de que o Concello cruceño estivo hoxe mesmo arranxando uns baches.
Sen embargo, consideran que esta actuación non debe ser a definitiva e que deben facer unha mellor intervención. "Hoxe viñeron "bachear", pero isto vaille durar dous días", cre unha das afectadas. "Isto non deixa de ser unha chapuza, non aguanta un mes", sinala outro veciño. "O puente xa esta terminado, déixano así, e o resto acabarano mañá, pero ese é o resultado. Iso é o mesmo que fixeron os de Touro o ano pasado e non botou nada", lamentan.
NOTICIAS RELACIONADAS:
Comments