top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Concello de Cruces agradece o traballo da ONG Intervención, Axuda e Emerxencias (IAE Galicia) na búsqueda de Divina Peiteado

A familia de Divina faralle entrega dun donativo como símbolo de agradecemento polo seu constante traballo que realizan de maneira altruísta


Laura Moure/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces agradece publicamente o traballo que desempeñou a ONG Intervención, Axuda e Emerxencias (IAE Galicia) no concello de Vila de Cruces na búsqueda de Divina Peiteado, a muller de Toiriz que estivo catro xornadas desaparecida. Ademais, o ente local sinala que a familia de Divina faranlle entrega dun donativo como símbolo de agradecemento polo seu constante traballo que realizan de maneira altruísta

Comunicado do Concello:

"Durante estas últimas semanas, foron moitas as emocións vividas no concello de Vila de Cruces tras a desaparación da nosa veciña Divina Peiteado. Tras catro xornadas de intensa búsqueda por parte das persoas voluntarias e os equipos de rescate foi posible atopar con vida a nosa veciña. As aprendizaxes que Divina nos deixa son moitas. A súa historia dá conta da súa capacidade de resiliencia e superación. Se ben, hoxe queremos destacar o papel tan importante que desempeñou a ONG Intervención, Axuda e Emerxencias (IAE Galicia) no Concello de Vila de Cruces.


Esta Unidade Canina adícase á búsqueda e rescate de persoas desaparecidas. O seu responsable Miguel Montero lidera un grupo de máis dunha docena de persoas voluntarias. A súa actuación foi clave no rescate de Divina, e é por isto que queremos poñer en valor o seu traballo e profesionalidade.


Publicidade

Trátase, como dixemos, de persoas voluntarias, polo que consideramos que é necesario que dende as administracións se apoie economicamente estes servizos de emerxencias que son tan importantes á hora da búsqueda de persoas desaparecidas. A familia de Divina Peiteado é consciente da importancia da súa labor e da solidariedade dos membros que a compoñen.


Publicidade

Por iso, faranlle entrega dun donativo como símbolo de agradecemento polo seu constante traballo que realizan de maneira altruísta. Co afán de estabilizar un protocolo de actuación ante situacións de desaparición, as unidades de emerxencias reuniranse nos vindeiros días.


Dende o Concello de Vila de Cruces estamos á disposición dos corpos de emerxencias e ofrecemos a nosa colaboración na difusión do protocolo de actuación entre todos os veciños e veciñas do noso concello, co obxetivo de que a cidadanía estea informada e saiba actuar ante estes casos.


Publicidade

Agardamos que os gobernos autonómico e central tomen en consideración a necesidade de dotar con medios económicos a estes servizos de emerxencia, xa que a labor que desempeñan é indispensable e determinante nunha situación de risco. Anhelamos que os demais concellos se sumen a esta iniciativa, colaborando coa difusión do protocolo de actuación entre os seus veciños e veciñas".


NOTICIAS RELACIONADAS:




0 comentarios

留言


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page