Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O Concello de Cruces adquirirá un novo vehículo que terá un custe de algo máis de 36.000 euros

Financiarase ao 75% cunha subvención do Fondo de Compensación Ambiental


Laura Moure/Vila de Cruces

O alcalde de Vila de Cruces, Luís Taboada, desprazouse ao concesionario para comprobar como se están realizando os trámites e as xestións para a entrega dun novo vehículo, que seguramente a semana que vén xa estará dispoñible no Consistorio. O alcalde conseguiu unha subvención do Fondo de Compensación Ambiental para a adquisición deste novo vehículo que en breve formará parte do parque móbil do consistorio. Este vehículo ten un custo de 36.317 euros dos cales subvencionaron a cantidade de 27.237, que é o 75% do seu valor total, tendo que achegar o Concello a diferenza de 9.079 euros.


Taboada pretende ir actualizando o parque móbil, un parque móbil que nestes momentos conta con vehículos de moitos anos e que son un verdadeiro lastre económico ao ter que constantemente acudir ao taller, o mesmo que a maquinaria pesada que segundo Taboada atópanse en circunstancias similares e que aos poucos hai que ir mellorando para que sexan máis produtivas. Agarda seguir conseguindo axudas dos organismos oficiais para poder realizar estas modificacións, aínda que ten previsto contemplar no novos orzamento unha partida para poder ir cambiando esta situación e aforrar o Consistorio miles de euros en reparacións.