top of page

O Concello de Cambre avanza na regularización de cuestións pendentes co persoal municipal

Impulsa medidas para mellorar a organización interna


Ecos da Comarca/Xeral

O Concello de Cambre continúa avanzando na resolución de diversas cuestións pendentes

relacionadas co persoal municipal, cun conxunto de medidas destinadas a dar resposta a

reivindicacións reiteradas e a situacións que se viñan arrastrando de etapas anteriores.

Neste contexto, a alcaldesa, Diana Piñeiro, explica que o Goberno local xa ten actualizadas as nóminas do persoal municipal incorporando os incrementos salariais correspondentes aos anos 2024 e 2025, e que se procederá agora ao aboamento dos atrasos derivados desta situación. Segundo indica, a previsión é que todos os pagos queden regularizados antes de finais deste mes de marzo.

Estas actuacións dan continuidade a demandas trasladadas polo persoal municipal nos

últimos anos e responden á vontade do Goberno local de avanzar cara á normalización da

situación laboral e retributiva. Neste sentido, Diana Piñeiro sinala que “trátase de afrontar

cuestións que levaban tempo pendentes e de construír unha administración máis ordenada e xusta co seu persoal”.


Ademais, nos últimos meses o Concello procedeu á convocatoria de varias comisións que

levaban tempo sen reunirse e que constituían unha demanda reiterada por parte da representación sindical. En concreto, reactiváronse a comisión paritaria, a de produtividade e a do plan de pensións, órganos clave para o desenvolvemento das condicións laborais do persoal municipal. A rexedora incide na relevancia de recuperar estes espazos de traballo e negociación.


 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Outro dos avances destacados é a tramitación das axudas sociais correspondentes aos anos 2022 e 2023, que permanecían sen resolver e que actualmente se atopan en fase de revisión por parte de Intervención.


Así mesmo, púxose en marcha unha mesa técnica de traballo, integrada por persoal funcionario, co obxectivo de avanzar na actualización da Relación de Postos de Traballo (RPT), unha ferramenta clave para a organización dos recursos humanos do Concello. Este

órgano xa mantivo dúas reunións e continúa avanzando na súa organización e nas liñas de

actuación.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Diana Piñeiro destaca que estas medidas responden a un compromiso claro do Goberno local para corrixir unha situación inxusta que se viña prolongando no tempo, avanzar na

estabilidade laboral e garantir a recuperación plena dos dereitos do persoal municipal.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page