O prazo de solicitude será ata o 1 de decembro 2023
Laura Moure/Boimorto
O Concello de Boimorto publica a convocatario das axudas de apoio á natalidade. Serán beneficiados os pais/nais que estén empadroados en Boimorto que teñan ou adopten un fillo/a no período comprendido entre o 2 de decembro de 2022 e o 1 de decembro de 2023 que reúnan os requisitos recollidos nas bases. O prazo de solicitude será ata o 1 de decembro 2023.
Requisitos:
Os pais, ou polo menos, un deles, deberán estar empadroados no concello de Boimorto cunha antelación mínima á data do parto ou adopción de 6 meses.
Os nenos/as nados, ou adoptados, deberán inscribirse no padrón de habitantes do concello de Boimorto.
Publicidade
O pai/nai ou ámbolos dous deberán comprometerse a seguir empadroados no concello, tanto eles como os nenos/ as nacidos nesas datas, por un período mínimo de catro anos dende o nacemento ou adopción.
O empadroamento suporá a residencia efectiva, polo que tanto os beneficiarios como os seus fillos, deberán vivir habitualmente en calquera das parroquias do concello de Boimorto. Esta circunstancia poderá ser comprobada en calquera momento polo Concello solicitando os informes que procedan.
Importes:
As axudas serán como máximo de 400 euros por cada fillo/a.
No caso de que o fillo/a nacido ou adoptado sexa o segundo fillo/a a axuda será como máximo de 500 euros.
No caso de nacementos ou adopcións de fillos con algunha minusvalía recoñecida nun grao igual ou superior ó 33%. ou no caso de partos múltiples a contía da axuda poderá chegar a 700 euros.
Publicidade
Documentación:
Certificado de padrón e convivencia da unidade familiar, expedido polo Concello, donde figure a data de alta no padrón de habitantes.
Fotocopia compulsada do libro de familia e do DNI do solicitante.
Copia do auto xudicial de adopción de selo caso.
Declaración xurada das axudas solicitadas ou recibidas pola mesma finalidade.
Compromiso de seguir empadroados no concello de Boimorto por un período mínimo de catro anos.
Compromiso de proceder á devolución da axuda no caso de deixar de cumprir algún dos requisitos necesarios para ser beneficiario da mesma, ou ben cando sexa probado por parte do Concello que non se cumpre algún dos mencionados requisitos.
Certificación dos datos bancarios onde se pretenda recibir o importe da axuda.
Os interesados poden obter toda a información no seguinte enlace:
コメント