top of page

O Concello de Boimorto organiza unha xornada sobre sulfatos ecolóxicos e outra, sobre castiñeiros

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

 Hai prazas limitadas e é necesario inscribirse previamente


Ecos da Comarca/Boimorto

O Concello de Boimorto organiza no mes de marzo unha xornada sobre sulfatos ecolóxicos e en abril sobre os castiñeiros. Hai prazas limitadas e é necesario inscribirse previamente.

A xornada sobre sulfatos ecolóxicos será o 22 de marzo. O prezo é de 5 euros por persoas e como mínimo ten que haber 20 persoas para poder impartirse, e como máximo, 30. Para anotarse ou máis información, os interesados poden facelo a través no teléfono 981 51 60 20 antes do 14 de marzo. Será impartida por Rosendo Luis Estévez Parada. E será na Casa da Cultura de Boimorto.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por outra banda, o 4 e 5 de abril terán lugar as xornadas sobre o castiñeiro. "Durante toda a fin de semana contaremos cunha variedade de actividades na que participará xente moi recoñecida no mundo do castiñeiro", subliña o Concello. Toda a información no cartel:


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page