top of page

O Concello de Boimorto levou a cabo a rehabilitación da residencia da terceira idade

Realizou esta actuación ao abeiro da orde de axudas do goberno galego para a correción de impactos paisaxísticos


Laura Moure/Boimorto

A Xunta valora o compromiso do Concello de Boimorto coa protección da paisaxe, logo de levar a cabo a rehabilitación da residencia da terceira idade da localidade, ao abeiro da orde de axudas do Goberno galego para a corrección de impactos paisaxísticos. Durante unha visita a este municipio coruñés, na que estivo acompañado pola súa alcaldesa, María Jesús Novo, o director do Instituto de Estudos do Territorio, Enrique de Salvador, puxo en valor que este Concello recorrese a esta liña de financiamento, posta en marcha pola Xunta de Galicia en 2021, para actuacións que permitan corrixir e mellorar o aspecto exterior de vivendas, edificios e equipamentos públicos municipais deteriorados polo paso do tempo e por unha insuficiente conservación.


Así, De Salvador salientou os traballos de rehabilitación realizados na residencia da terceira idade, que consistiron no revestimento da fachada cunha solución ventilada resolta na cara exterior con gres porcelánico e a instalación de illamento térmico. A maiores, engadíronse recercados de chapa pregada nos ocos existentes e o levouse a cabo o pulido dos vidros.

Logo de explicar que o Concello contou con preto de 20.000 euros de financiamento, o director do IET lembrou que a Xunta convocou este ano unha nova edición desta iniciativa, que, cun orzamento inicial reservado de 2 millóns de euros —1 millón para particulares e 1 millón para concellos—, estímase que se poderá axudar a máis de 50 entidades locais e a case 400 cidadáns.



0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page