Laura Moure/Boimorto
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19 acaba de acordar novos cambios nas limitacións que afectarán a algúns concellos. No caso das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa o único será en referencia a Boimorto que deixará de estar no nivel alto e pasará ao medio baixo, e dicir, ao mínimo. Así desde este día neste municipio da comarca de Arzúa a hostalaría pode abrir con 75% de límite nas terrazas e 50% no interior, porque no alto só poden atender nas terrazas ao 50%.
Así este martes decidiuse o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos do Grove, A Pobra do Caramiñal, Carballeda de Valdeorras e Cualedro, os catro que están na actualidade.
Así mesmo, o comité tamén determinou o nivel alto nos concellos de Marín, Meaño, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Padrenda, Cortegada, O Barco de Valdeorras, Rubiá, Lobeira, Muiños, Petín, Meira, Ribeira e Cambre.
Ademais, as medidas do nivel medio rexerán nos concellos de Trabada, Barreiros, Lobios, Cartelle, Cambados, Catoira, Vilagarcía de Arousa, A Illa de Arousa, Meis, Sanxenxo, Cangas, Gondomar, Ponteareas, Vigo, Boiro, Rianxo, Carral, Muxía, As Pontes de García Rodríguez e Ortigueira.
No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.
Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro venres, 23 de abril.
O Consistorio de Boimorto.
Comments