top of page

O Concello de Boimorto abre hoxe o prazo para anotarse nos seus campamentos de verán

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Están dirixidos a nenos/as nados entre o 2008 e o 2020 (ambos inclusive)


Ecos da Comarca/Boimorto

O Concello de Boimorto informa dos campamentos de verán 2024, que están subvencionados pola Secretaría Xeral de Igualdade. Están dirixidos a nenos/as nados entre o 2008 e o 2020 (ambos inclusive). E serán dende o 24 de xuño ao 9 de agosto en horario de 9 a 14 horas (con servizo de madrugadores de 9:00 a 10:00 horas).


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Poderán participar aqueles nenos/as empadronados neste municipio ou que acudan ao CPI Armando Cotarelo Valledor. Os non empadroados poderán participar cando queden prazas vacantes. No caso de que haxa máis solicitudes que nº de prazas (50 prazas) teranse en conta os seguintes criterios: nivel de renda, cargas familiares, familias monoparentais ou vítimas de violencia de xénero ou outras formas de violencia contra a muller. En caso de empate terase en conta a orde de rexistro.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O campamento será gratuíto. Para poder participar é imprescindible ter o carné de actividades municipais renovado. O período de inscrición será do 10 o 19 de xuño (ambos inclusive) no Concello falando coa Animadora Sociocultural (Eva) con cita previa chamando ao 981 51 60 20 (Ext. 2025).

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page