top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Concello de Arzúa xa conta coa Casa Das Mulleres

Albergará as novas oficinas do Centro de atención ás Mulleres e ten como obxectivos prioritarios á atención ás vítimas de todas as violencias machista, as mulleres en situación de vulnerabilidade e ao colectivo LGTBiQ+” manifestou Adrián Gonçalves director do CIM


Laura Moure/Arzúa

O pasado sábado o concello de Arzúa seguindo cos actos do 8 de marzo abriu as súas portas da “Casa das Mulleres”.A presentación da cerimonia correu a cargo da actriz arzuá Lidia Veiga e nela participaron a concelleira de Igualdade, Lucía López, o director do Centro de información ás mulleres, Adián Gonçalves, e ás pandereteiras de O´Bringuelo.

“Desde o goberno municipal do Concello de Arzúa, ponse a disposición da sociedade un espazo no que traballar conxuntamente a prol da igualdade real entre homes e mulleres, temos o convencemento que desde ás administracións e institucións públicas podemos e debemos facer moito máis para erradicar a violencia contra as mulleres, as violencias machistas teñén moitas caras e traballan as 24 horas día estragando vidas como máxima expresión do patriarcado. Hai acontecementos e indicadores preocupantes que incluso cuestionan a existencia da violencia machista cando estamos sendo asasinadas, violentadas e mesmo cando os nosos salarios venses reducidos polo feito de ser mulleres.

Hai moito camiño andado, pero falta moito por facer e dende a concellaría de Igualdade que represento temos moi claro que compre situar na axenda política esta cuestión como prioridade. E para isto compre crear espazos como este no que nos atopamos, espazos comúns para a participación a coordinación o intercambio de información e experiencias entre mulleres, para o encontro, para tecer redes de apoio mutuo cunha axenda de actividades e ferramentas comúns que axudan a afrontar o futuro con firmeza e afouteza para non ceder nin un paso,” resaltou a concelleira de Igualdade.


Publicidade

A Casa das Mulleres, albergará as novas instalacións do Centro de información ás mulleres,(CIM) que consta de tres oficinas e unha sala central onde se impartirán cursos reunións e conferencias poñendo a disposición de asociacións e colectivos de mulleres que queiran realizar algunha actividade.


Publicidade

Para Adián Gonçalves a importancia da Casa das Mulleres pasa por ser un servizo de información as mulleres no que se promove unha intervención pluridisciplinar e integrada desde unha perspectiva de xénero desenvolvendo ao mesmo tempo programas específicos de apoio e atención de vítimas das violencias machistas, a mulleres en situación de vulnerabilidade ou ao colectivo LGBTIQ+.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page