O Concello de Arzúa sortea 3000 € en 50 tarxetas regalo: 10 premios de 100 € e 40 premios de 50
- Laura Moure
- 18 ene 2024
- 1 Min. de lectura
O venres 19 de xaneiro publicarase a lista cos nomes das persoas premiadas
Laura Moure/Arzúa

Este mércores celebrouse o sorteo da campaña de Nadal Arzúa, O teu mellor agasallo de Nadal, na Capela da Madalena, a mans do secretario municipal, Alfonso Alcalá, acompañado pola concelleira de Promoción Económica do Concello de Arzúa e coordinadora da proposta, Begoña Balado; a técnica do Concello, María José Lage, e a técnica da asociación de empresarios (AECA), Cristina Crespo.
Publicidade
Begoña Balado insistiu no éxito da proposta cara dinamizar o comercio local dada a gran participación da veciñanza. "Estamos satisfeitas e seguiremos pulando polo comercio da nosa vila", indicou a concelleira de Promoción Económica.
En dito sorteo retiraronse 50 tíckets, e comprobaronse que cumprían os requisitos establecidos polas bases do concurso. Mañá, venres 19, publicarase a lista cos nomes das persoas premiadas na páxina web, redes sociais e no taboleiro de anuncios do Concello de Arzúa.
Publicidade
As persoas agraciadas serán citadas telefonicamente para a recollida das tarxetas regalo no rexistro do Concello de Arzúa durante os días 22 e 23 de xaneiro, en horario de 9:00 a 14:00 horas, confirmando os datos coa presentación do DNI da persoa gañadora.
As tarxetas regalo serán única e exclusivamente de uso e disposición nos comercios e locais de restauración do Centro Comercial Aberto de Arzúa, co fin de fomentar o consumo no comercio local.
Publicidade
A Campaña do Comercio Local Arzúa, O teu mellor agasallo de Nadal foi organizada pola Concellería de Promoción Económica, Comercio e Consumo do Concello de Arzúa, en colaboración co Centro Comercial Aberto de Arzúa (AECA) e ABANCA.
Comments