top of page

O Concello de Arzúa repartirá máis de 2.000 euros de premios no seu concurso de disfraces

Os interesados en participar terán ata o 20 de febreiro para anotarse


Laura Moure/Arzúa

Con motivo do Entroido 2025 o Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza unha serie de actividades para manter a tradición e animar á participación. Entre elas destaca o concurso de disfraces no que se repartirán máis de 2.000 euros en premios.

Así por unha banda, convócase un ano máis o tradicional concurso de disfraces para o domingo 23 de febreiro ás 17:00 horas no Multiusos Terra do Queixo con máis de 2.000 euros en premios para repartir entre catro categorías. Despois do éxito de anos anteriores no que se seguen aumentando as cifras de participantes chegados de distintos puntos de Galicia, este ano mantense a distribución das diferentes categorías e o formato no que se levou a cabo o concurso en edicións pasadas. Poderanse presentar, polo tanto, comparsas dun mínimo de nove compoñentes optando a premios de 550, 300 e 150 euros. Haberá un apartado de grupos de entre dúas e oito persoas con tres premios que ascenden a 300, 200 e 120 euros. Por último, establécense dúas categorías individuais, unha infantil de 0 a 17 anos e outra para adultos de 18 anos en diante. Os premios son de 120 e 80 euros para os primeiros e segundos postos, respectivamente de cada modalidade.


Co fin de fomentar a participación local, mantense tamén o premio Simpatía dotado de 100 euros dirixido a unha comparsa ou grupo do municipio que non acadara ningún dos premios anteriores e que sume a maior puntuación no apartado simpatía da valoración do xurado.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ademais, o concurso celebrarase de novo co público sentado e cos participantes facendo a súa intervención sobre escenario nunha gala que estará presentada polo humorista arzuán Xan Veiga. Para participar no concurso hai que inscribirse previamente no Departamento de Cultura ou chamando ao 981 500 222 tendo de prazo ata o 20 de febreiro, en horario de 8:30 a 14:00 horas. Pódense consultar as bases que rexen o concurso na páxina web arzua.gal.


Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A programación completarase coa celebración do Baile de Entroido na tarde do martes 4 de marzo. Este ano celebrarase no Campo da feira e contará con inchables, obradoiros, chocolatada popular e coa actuación musical do grupo JB Son. En caso de mal tempo, as actividades pasarán a levarse a cabo no Multiusos Terra do Queixo.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page