top of page

O Concello de Arzúa reparte entre a veciñanza o calendario do ano 2022

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que nos vindeiros días repartirase entre a veciñanza o calendario para o ano 2022 de forma gratuíta. Este venres persoal municipal iniciou o reparto por diversos locais de Arzúa e polas parroquias. Estarán dispoñibles no Bar Pedrito, Casa Nené, Bar Praza, Parrillada Europa, Bar Ameixa, O Furancho de Santiso, La Bodega de José, Bar Karper, A Queixeira de Arzúa, Bar Luis, Bar Manolo, Café Teatro, Bar D`Susan e nas librarías Cartafol, Díaz e Os Picariños e na piscina cuberta. Tamén hai exemplares na Casa do Concello, Biblioteca Municipal e na Oficina de cultura e deportes.


As veciñas e veciños das parroquias tamén poderán recollelo nos bares e tabernas correspondentes ou, onde non os haxa, contactando co correspondente alcalde pedáneo. Ademais, coincidindo coa feira do mércores 22 de decembro, farase un novo reparto dos calendarios entre os asistentes e ata fin de existencias a partires das doce do mediodía na entrada do Multiusos Terra do Queixo.


Os calendarios son de 12 láminas mensuais e unha portada dedicadas este ano á defensa e fomento do uso da lingua galega. Cada folla permitirá ademais de mirar os días festivos ou as lúas correspondentes a cada mes, descubrir palabras en galego e observar as 12 fotografías relacionadas coas mesmas, todo baixo o título Arzúa, en galego os 365 días do ano nunha acción promovida polo Departamento de Cultura.


0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page