top of page

O Concello de Arzúa renova o vehículo da Policía Local

Ecos da Comarca/Arzúa

O Concello de Arzúa vén de adxudicar o contrato para a adquisición dun novo vehículo para a Policía Local, cun importe total de 39.954,68 euros. Este novo vehículo substituirá o actual, mellorando os desprazamentos e intervencións da Policía Local para garantir unha maior eficacia e seguridade no desempeño das súas funcións. A entrega terá un prazo máximo de 60 días naturais a partir da formalización do contrato.

foto

O alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, sinalou que “a substitución do coche era necesaria, xa que é preciso garantir a seguridade e a comodidade dos traballadores da Policía, así como mellorar a eficacia no servizo á veciñanza. É unha inversión que tanto traballadores como veciñanza reclamaban.”


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Con esta renovación, o Concello continúa mellorando os recursos municipais, apostando pola seguridade e a calidade nos servizos públicos para beneficio de toda a cidadanía.

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page