top of page

O Concello de Arzúa reabrirá o aparcadoiro do Recinto Feiral Terra do Queixo

Laura Moure/Arzúa

O alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, achegouse ao multiusos para ultimar os detalles da reapertura do aparcadoiro situado no céntrico edificio do Recinto Feiral Terra do Queixo (Rúa Padre Pardo), un servizo moi agardado pola veciñanza xa que leva pechado desde o inicio da pandemia do Covid 19 no 2020. Esta medida responde á crecente demanda de estacionamento na área, especialmente relevante pola súa proximidade estratéxica ao centro de saúde e outras instalacións vitais na zona céntrica da cidade.

A partir do vindeiro 1 de abril, o aparcadoiro estará dispoñible de maneira gratuíta para todos os usuarios, en horario de 8:00 a 14:30 horas, facilitando así o acceso aos servizos e comercios locais durante as horas máis concorridas do día. A decisión de reabrir este espazo foi aprobada no pleno municipal do pasado 30 de xaneiro de 2024, con posterior anuncio oficial no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 5 de febreiro.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Co fin de informar e orientar aos usuarios sobre o uso das instalacións, o Concello instalará paneis informativos no recinto do aparcadoiro. Estes paneis proporcionarán detalles sobre o horario de funcionamento, normas de uso e calquera outra información relevante para garantir unha experiencia positiva para todos os usuarios.


O rexedor expresa o seu compromiso con mellorar a calidade de vida dos cidadáns e visitantes de Arzúa, destacando que "a reapertura deste aparcadoiro non só aliviará a presión sobre o estacionamento na nosa vila, senón que tamén contribuirá ao dinamismo económico e social da zona céntrica, facendo de Arzúa un lugar máis accesible e acolledor para todos".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O Concello de Arzúa agradece á veciñanza pola súa paciencia e comprensión durante o peche do aparcadoiro e invita a todos a facer uso deste renovado espazo, deseñado para responder ás súas necesidades de mobilidade e acceso.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page