top of page

O Concello de Arzúa reabre o Club de Xubilados

O acto de apertura está previsto para este xoves, 13 de abril


Laura Moure/Arzúa

O goberno municipal do concello de Arzúa, Alternativa por Arzúa e PSdG-PSOE, procederá este xoves, 13 de abril, á reapertura do Club de Xubilados do municipio, ubicado na rúa Padre Pardo, no Centro Sociocultural María Mariño. O acto de apertura está previsto para as cinco da tarde e dende o goberno municipal convidan a todas as persoas maiores, usuarias e habituais do club, a asistir ao seu reestreno.

ree

O alcalde, José Luis García, acompañado doutros membros do goberno municipal, estarán presentes no acto programado para este xoves, donde explicará o funcionamento deste servizo de ocio e lecer do que, en diante, poderán desfrutar todas as persoas maiores do municipio.

ree
Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

"O centro de maiores permaneceu cerrado ao público nos últimos meses coa finalidade de poder reabrilo con todas as medidas de seguridade e cun funcionamento regulado. O feito de que durante este tempo os maiores de Arzúa non puidesen desfrutar deste espazo de ocio non obedece a ningún capricho, senón á boa intención de ofrecer dende a administración un servizo con todas as garantías, pois antes non existía nin convenio nin procedemento legal ningún que regulase o seu funcionamento e garantise a seguridade dos seus usuarios", explica o goberno local. "Foi necesario enmendar erros que se viñan arrastrando de gobernos anteriores", recalca.

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco!

A partir de agora calquera persoa maior de Arzúa poderá facer uso do local, respectando as normas de convivencia e desfrutando de todas as actividades e servizos que se ofrezan.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page