O Concello de Arzúa publica un bando con motivo do 75º cabodano de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
- ecosdacomarca

- 7 ene 2025
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa
O Concello de Arzúa publicou este martes un bando con motivo do 75º cabodano de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1950-2025), figura senlleira da nosa historia. Con esta declaración, o Concello réndelle homenaxe a Castelao, destacando o seu legado como un dos principais referentes da historia política, cultural e social da Galiza.
"A súa loita incansable pola defensa da nación galega e dos seus dereitos continúa a ser unha fonte de inspiración para todas e todos os que soñamos cunha Galiza dona do seu propio destino".
Publicidade








Comentarios