top of page

O Concello de Arzúa promove un obradoiro sobre contratación de persoas estranxeiras

A inscrición é gratuíta


Ecos da Comarca/Arzúa

A Concellería de Igualdade do Concello de Arzúa, a través do seu Centro de Información ás Mulleres, organiza xunto a Movemento pola Paz un obradoiro dirixido a empresas e a empregadores particulares.

A través do taller "suma diversidade, multiplica éxito", en formato guía especializada, descubrirán como facilitar a contratación de persoas estranxeiras en Galicia. Este recurso detalla os requisitos e procedementos necesarios para empregar a persoas estranxeiras: dende autorizacións de residencia ata tipos de contratos laborais. "Coñeceremos cada paso do procedemento dun modo práctico e accesible", sinalan dende a organización.


Publicidade

Este obradoiro desenvolverase o mércores 22 de maio ás 10:00 horas na Casa das Mulleres (Rúa San Vicente s/n) e terá unha duración aproximada de unha hora e media.


A inscrición, que é gratuíta, debe formalizarse no Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa, chamando ao 981 501 101 ou nesta ligazón.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page