Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O concello de Arzúa promove un obradoiro de emprego compartido con Boimorto e Santiso

Permitirá a formación de 20 desempregados dos tres municipios a través da especialidade de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería


Laura Moure/Comarcas de Arzúa/Terra de Melide

Os concellos de Arzúa, Boimorto e Santiso traballan conxuntamente na realización dos trámites que permitan a contratación das 20 persoas que nas vindeiras datas participarán no Obradoiro dual de Emprego “Arzúa-Boimorto-Santiso” no que se impartirá a especialidade de “ACTIVIDADES AUXILIARES EN VIVEIROS, XARDÍNS E CENTROS DE XARDINERÍA”, tralo anuncio da Consellería de Emprego e Igualdade no que se compromete ao financiamento deste programa mixto de formación e emprego mediante a concesión dunha subvención que alcanza os 346.946 euros.

O concello de Arzúa é a entidade promotora do programa que compartirá cos concellos limítrofes de Boimorto e Santiso, coa finalidade de ofrecer unha oportunidade de formación e posterior saída laboral a unha vintena de persoas, desempregadas e maiores de 18 anos, dos tres municipios.

As persoas interesadas en participar no procedemento de selección do obradoiro deberán anotarse como desempregadas na Oficina de Emprego (INEM) de Melide, especificando que se trata do Obradoiro Dual de Emprego “Arzúa-Boimorto- Santiso”. O prazo para todas as persoas interesadas remata o xoves, 30 de setembro de 2021.

52 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE