top of page

O Concello de Arzúa promove financia unha nova escavación no Castro Curbín

O obxectivo é ampliar o coñecemento e o contexto histórico dos elementos patrimoniais achados no 2021


Laura Moure/Arzúa

O alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, visitou o Castro Curbín acompañado do arqueólogo Samuel Nión, da concelleira de Patrimonio, Lucía López, e da concelleira de Turismo, Begoña Balado, para dar conta dos traballos arqueolóxicos que comezarán na vindeira semana, o luns 9 de outubro. Trátase dunha nova escavación arqueolóxica que o Concello de Arzúa promove e financia co obxectivo de realizar unha segunda campaña de escavación neste enclave patrimonial ubicado moi perto do casco urbano arzuán.


Será o Grupo de investigación “Síncrisis” da Facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela, encargado tamén da escavación realizada no ano 2021 promovida pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galiza, quen levará a cabo esta nova sondaxe.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Tal e como indica Lucía López, concelleira de Patrimonio “desta volta é o Concello de Arzúa quen promove e financia en exclusiva esta nova actuación neste importante xacemento existente no noso concello, mostra do compromiso do actual goberno municipal coa posta en valor dos elementos patrimoniais cos que Arzúa conta e, particularmente, cun enclave emblemático como é o Castro Curbín para todas e todos os arzuáns”.


Samuel Nión, director da escavación, explicou que “con esta nova sondaxe que desenvolveremos na vindeira semana, pretendemos ampliar a zona escavada na que se recuperaron as fichas e o taboleiro cerámico aparecido na prospección do ano 2021. Trátase de pezas de importante valor patrimonial e con esta prospección queremos renovar o interese do castro a través de acadar un maior coñecemento da peza e podermos, así, contextualizar mellor o Castro Curbín”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Pola súa banda, López recalcou “a aposta do actual goberno municipal no Concello de Arzúa por establecer distintas estratexias de divulgación e posta en valor do Castro Curbín, que sitúen a Arzúa no mapa da conservación do patrimonio e que abran a porta a posteriores iniciativas a maior escala e con maior apoio institucional”. "O Concello de Arzúa ten unha débeda coa posta en valor do patrimonio cultural, tanto material como inmaterial. Iniciativas coma esta e moitas outras que desde o goberno municipal poremos en marcha nos vindeiros meses queren contribuír á investigación, á conservación e á protección do noso patrimonio propio, así como o seu potencial como recurso cultural. O Castro Curbín reflicte unha forma diferente de habitar o territorio, como se pode observar na infinidade de xacementos que temos ao longo de toda a nación galega, algo que nos define como galegas e galegos, e non debemos nin podemos deixar que se perda este legado” concluíu Lucía López.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page