top of page

O Concello de Arzúa presenta a súa programación de Nadal con distintas propostas

Inclúe concertos, contacontos, maxia, actividades infantís e exposicións


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa presenta a programación cultural do Nadal 2023-2024 con diferentes propostas como concertos, contacontos, maxia, actividades infantís e exposicións.


O concelleiro de cultura, José Luís García, convida a toda a veciñanza e visitantes a participar nesta programación que se presenta como “un amplo e variado abano de posibilidades para o tempo de lecer durante o Nadal con propostas para todos os públicos”.


Publicidade

PROGRAMACIÓN:

VENRES 8 DE DECEMBRO DÍA DO COMERCIO LOCAL Máis información


VENRES 15 DE DECEMBRO CICLO NADAL SONORO: Homenaxe á música tradicional galega con Cristian Leggiero & Paty Lesta Capela da Madanela | 21:00 horas


VENRES 22 DE DECEMBRO CONTACONTOS: “O Apalapdor e a nena sen medo” de A Xanela do Maxín Biblioteca Municipal Rosalía de Castro | 18:00 horas


Publicidade

VENRES 22 DE DECEMBRO CICLO NADAL SONORO: Concerto de Jamila Purofilin “Alma bohemia” Capela da Madanela | 21:00 horas


DO 26 AO 30 DE DECEMBRO E 2, 3 E 4 DE XANEIRO EXPOSICIÓN: «Murmullos anidados» de Belén Diz Capela da Madanela | 18:30-20:30 horas *Inauguración o martes 26 ás 12:00 horas

MARTES 26 DE DECEMBRO MAXIA: Espectáculo “Enmaxiarte” de Dani Polo Multiusos Terra do Queixo | 18:00 horas


VENRES 29 DE DECEMBRO CICLO NADAL SONORO: Concerto de Pablo Vila Capela da Madanela | 21:00 horas


Publicidade

MARTES 2 DE XANEIRO FESTA INFANTIL con inchables, obradoiros e chocolatada Multiusos Terra do Queixo | 16:00-20:00 horas


VENRES 5 DE XANEIRO CABALGATA DE REIS Saída ás 17:30 horas da Casa da Cultura, percorrido polas rúas e chegada ao Multiusos Terra do Queixo. Recepción, reparto de agasallos e actividades infantís. (En caso de mal tempo suspéndese o percorrido exterior).

0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page