top of page

O Concello de Arzúa presenta a súa oferta na Feira Internacional de turismo interior

Estase celebrando Valladolid ata o 19 de novembro


Laura Moure/Arzúa

A concelleira de Turismo do Concello de Arzúa, Begoña Balado, está a participar na Feira Internacional de Turismo de Interior que se está celebrando en Valladolid do 16 ao 19 de novembro. Neste marco puxo en valor o Camiño de Santiago o seu paso por Arzúa, como un activo clave no desenvolvemento económico no rural pola súa capacidade de capilarizar os fluxos turísticos nas terras do interior. Proba disto é a importancia desta actividade e especialmente para Arzúa que foi quen de tecer unha malla mesta de aloxamentos na que teñen cabida casas de Turismo Rural, albergues e hoteis.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A oferta turística de Arzúa está presente no stand da Deputación Provincial de A Coruña en Intur xunto coas Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo Reserva da Biosfera. A concelleira está a manter contactos con diversos operadores nacionais e internacionais para atraer visitantes cara os recursos de patrimonio, gastronómicos e paisaxísticos de Arzúa.


Para Begoña Balado “o goberno municipal tripartito (Alternativa por Arzúa, BNG e PSdeG) vén traballando desde a súa formación nun plan para dinamizar a actividade turística en base a tres criterios: a calidade da oferta, a desestacionalización da demanda e o fomento da convivencia entre turistas e os veciños e veciñas de Arzúa”. A Feria Internacional do Turismo de Interior, é un escenario de traballo no que participan 70 touroperadores, 35 axencias de viaxes, hoteis, compañías de transporte, destinos, empresas de turismo activo, gastronómico, enolóxico, turismo de eventos, idiomático… en definitiva, todos os segmentos que dan forma ao turismo de interior.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Intur Negocios articula os seus contidos en tres espazos: un mercado de contratación, un área de exposición e xornadas de formación nas que se analizan aspectos como o impacto do patrimonio no turismo.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page