top of page

O Concello de Arzúa presenta a oferta de actividades municipais para o novo curso

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

As persoas interesadas poden elixir entre nove disciplinas deportivas e culturais e o prazo de inscrición abrirase o día 20 de setembro


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa presenta o programa de actividades municipais para o curso 2022-2023 cunha ampla oferta de actividades deportivas e culturais dirixidas a todos os públicos e que amplía a oferta con respecto aos anos anteriores.

O concellería de Cultura, responsabilidade da edil Aurora Varela, continúa coa actividade de danza moderna dende os 5 anos nas tardes dos xoves. Mantéllense un ano máis as clases de pintura tanto para público infantil como adulto nas tardes dos mércores. Como novidade, este ano amplíase a oferta apostando por dúas disciplinas novas: bailes afrolatinos (bachata, kizomba…) para persoas adultas os mércores a partir das 20:00 horas e a creación dun club de lectura que se desenvolverá os sábados pola mañá cada tres semanas na biblioteca municipal.


Dende o Departamento de Deportes continúan apostando polas diferentes modalidades deportivas que veñen alcanzando un alto éxito de participación e satisfacción nos últimos anos. Así, este departamento municipal ofertará de novo ximnasia para a terceira idade a partir dos 60 anos, ioga e zumba para maiores de idade, e tenis e patinaxe a partir dos cinco anos.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Todas as actividades darán comezo no mes de outubro e o prazo de inscrición abrirase o vindeiro martes, 20 de setembro. Os anotamentos formalizaranse presencialmente na oficina de Cultura e Deportes. Poden solicitar máis información no teléfono 981 500 222.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page