top of page

O Concello de Arzúa presenta a I Carreira Terra do Queixo

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Celebrarase o domingo 9 de marzo, cun percorrido de 13,3 quilómetros pola etapa do Camiño Francés entre Melide e Arzúa


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa anuncia a presentación da I Carreira Terra do Queixo, que terá lugar este xoves, 6 de febreiro, ás 12:00 horas na Casa de Correos do Concello de Arzúa. O acto contará coa participación do equipo de goberno municipal e representantes das entidades colaboradoras.

A I Carreira Terra do Queixo celebrarase o domingo, 9 de marzo, cun percorrido de 13,3 quilómetros pola etapa do Camiño Francés entre Melide e Arzúa. Esta proba deportiva ten como obxectivo a promoción da actividade física e a posta en valor do patrimonio material e inmaterial da comarca, con especial protagonismo para o queixo como símbolo identitario do concello. Ademais, servirá para dar visibilidade ao traballo das escolas deportivas da comarca e fortalecer a colaboración cos concellos veciños no impulso de iniciativas conxuntas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O evento está organizado polo Concello de Arzúa, coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, a Xunta de Galicia, o Concello de Melide e diversas entidades patrocinadoras. Durante a presentación deste xoves ofreceranse todos os detalles sobre as inscricións, o percorrido e as diferentes categorías de participación.


Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Desde o Concello de Arzúa anímase á veciñanza a asistir ao acto de presentación e a participar nesta primeira edición da carreira, que busca consolidarse como un evento deportivo de referencia no calendario anual.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page