top of page

O Concello de Arzúa organiza un curso de iniciación ás novas tecnoloxías para persoas adultas

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Será gratuíto e arrancará o 3 de novembro ata o 10 de decembro


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa organiza un curso de iniciación ás novas tecnoloxías para persoas adultas. A formación terá unha duración de 100 horas e impartirase de luns a venres en horario de 9:30 a 13:30 horas na Aula CeMIT do 3 de novembro ao 10 de decembro.


O curso estará dividido en catro módulos nos que se impartirán contidos teórico-prácticos como coñecer os sistemas operativos, os periféricos máis usados, dispositivos móbiles ou aprender a traballar con arquivos de texto, imaxe, etc. Durante as diferentes sesións tamén se fará unha inicación a programas e aplicacións de ofimática e traballarase a búsqueda na internet e as súas posibilidades.

O último módulo será reservado exclusivamente a contidos relacionados cos sistemas móbiles (tanto para Android como para IOS) para así poder desenvolverse en aplicacións como as propias de Google, o Whatsapp, pagos seguros co móbil, tramitación de certificados, claves e citas médicas online, entre outras utilidades.


O número de prazas é de 20 e as inscricións están abertas chamando ao teléfono 981 500 222 do 26 de outubro ao 2 de novembro. A participación neste curso é totalmente de balde.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page