top of page

O Concello de Arzúa organiza a Festa do Orgullo para o 28 de xuño

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Haberá a lectura dun manifesto e música tradicional fusionada con ritmos modernos


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa, a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM), organiza a Festa do Orgullo na praza de Galiza. O evento, que terá lugar o 28 de xuño ás 20:00 horas, comezará coa lectura dun manifesto a cargo de Lucía López, actual concelleira da área de Igualdade.


Publicidade

Preme na imaxe para inscribirte e obter máis información.

"Coa Festa do Orgullo queremos manifestar o noso compromiso firme coa defensa dos dereitos das persoas LGBT+. Somos un Concello feminista. E traballaremos incansablemente para que Arzúa sexa un espazo de respecto, diversidade e igualdade para toda a veciñanza, no que calquera persoa poida sentirse segura," sinala a edil.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Tras a lectura do manifesto, ás 20:30 horas, o evento continuará coa actuación musical de O Rabelo e Nenaza. A música tradicional fusionarase con ritmos modernos nunha actuación que mesturará o mitolóxico coa realidade e a denuncia coa arte. En caso de choiva, o evento trasladarase á Capela da Madalena.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O Concello de Arzúa convida a toda a veciñanza a participar nesta celebración para reivindicar e celebrar a diversidade e os dereitos das persoas LGBT+. Para máis información, os interesados poden contactar co Concello de Arzúa ou visitar a súa páxina web oficial en arzua.gal

Hozzászólások


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page