top of page

O Concello de Arzúa ofrece un curso de defensa persoal para mulleres maiores de 16 anos

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

É gratutíto, pero é necesario inscribirse


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa, a través da Concellería de Igualdade e en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, organiza un Curso de Defensa Persoal, dirixido a mulleres maiores de 16 anos, co obxectivo de proporcionar ferramentas para o empoderamento e a seguridade en situacións de risco.


O curso terá lugar os días 15 e 22 de febreiro, en horario de 16:00 a 20:00 horas, na Aula 4 do Recinto Feiral Terra do Queixo e é gratuíto. As inscricións permanecerán abertas ata o 13 de febreiro, podendo realizarse na Casa das Mulleres, por teléfono nos números 981 501 101 ou 698 119 762, ou a través de internet, cubrindo o seguinte formulario https://bit.ly/42rPOHo.


Lucía López, Concelleira de Igualdade, destaca a importancia desta iniciativa: "Coa convocatoria deste curso, o que queremos desde a Concellería de Igualdade é dar todas as ferramentas necesarias ás mulleres para o seu empoderamento, que teñan os recursos imprescindibles para sentirse seguras nunha situación de risco, en tódolos ámbitos da súa vida."


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Esta iniciativa, desenvolvida a través do Centro de Información ás Mulleres en colaboración coa Xunta de Galicia, busca non só ofrecer técnicas de autodefensa física, senón tamén fomentar o control emocional e a confianza persoal, valores clave para o benestar e a autonomía das mulleres.


Anímase a todas as interesadas a participar e a aproveitar esta oportunidade para fortalecer a súa seguridade e autoconfianza.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page