top of page

O Concello de Arzúa ofrece a segunda das excursións do programa 'Coñece o teu país'

Será o sábado 26 de xullo e visitarán Ribadeo


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa da apertura do prazo de inscrición para a segunda das excursións do programa Coñece o teu país deste ano. Un ano máis, de maneira totalmente gratuíta, os veciños e veciñas poden realizar catro excursións ás catro provincias galegas.

ree

Despois de coñecer máis de preto a localidade de Betanzos no pasado mes de xuño, a segunda viaxe será este sábado día 26 de xullo a Ribadeo.

 

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Nesta ocasión farase unha visita guiada con acompañamento de guía oficial ao barrio indiano de Ribadeo para coñecer o legado indiano de finais do século XIX e principios do XX que hoxe é unha parte esencial do atractivo turístico de Ribadeo. Máis de medio centenar de casas señoriais, con fachadas ornamentadas, xardíns tropicais e detalles arquitectónicos únicos, conviven con edificios emblemáticos, como escolas, unha praza de mercado, unha traída de augas e a Granxa Escola Agrícola Pedro Murias. O día completarase coa visita ao miradoiro da Atalaia, cun xantar ao carón da Praia das Catedrais e con tempo libre de praia pola tarde.

 

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Segundo se indica dende o Departamento de Cultura, todas as persoas interesadas en participar no programa deben achegarse persoalmente á Oficnia de Cultura e Deportes a partir de mañá, martes, 22 de xullo, podendo anotar como máximo a un acompañante por cada solicitante. As prazas dispoñibles iranse cubrindo por orde de inscrición, sendo as mesmas limitadas. 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page