top of page

O Concello de Arzúa mellorará a eficiencia enerxética da Casa da Cultura con obras no interior do edificio

Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa vén de sacar a licitación unha importante mellora na Casa da Cultura cun orzamento de máis de 135.000 euros. O obxectivo é facer un edificio máis cómodo, moderno e eficiente, reducindo o consumo de enerxía e mellorando o seu funcionamento no día a día. Trátase dunha reforma exclusivamente interior, que non afectará nin modificará a fachada do inmoble e que está financiada con fondos europeos.

“A Casa da Cultura é un espazo referencial para toda a veciñanza de Arzúa. Con estas obras, melloramos a súa funcionalidade e facémola máis eficiente e sostible. Apostamos por unha Arzúa que coida o que ten e adapta os seus espazos públicos aos retos do século XXI”, engade Begoña Balado, concelleira de Acción Urbana.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

As actuacións centraranse en tres ámbitos principais. Por unha banda, mellorarase o illamento térmico das paredes interiores, o que axudará a manter unha temperatura máis estable dentro do edificio. Por outra, renovarase todo o sistema de iluminación, instalando luces LED de baixo consumo e un sistema intelixente que axuste a súa intensidade segundo o uso.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, substituirase a actual caldeira de gasóleo por unha caldeira de pellets, que emprega enerxía renovable e contribúe a diminuír as emisións contaminantes. “Investir en eficiencia enerxética é beneficioso tanto para a veciñanza como para o planeta. Por un lado conseguimos edificios que diminúen a súa pegada ecoloxica e, por outra banda, a longo prazo reducimos os custes de mantemento dos espazos xestionados polo Concello”, sinala Xoán Xesús Carril o alcalde de Arzúa.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page