top of page

O Concello de Arzúa manifesta a súa "máis enerxética condena" ante a detención dun home por acosar a mulleres nesta vila

"Reafirmamos o noso compromiso na loita contra calquera forma de violencia machista e acoso, e situámonos inequívocamente do lado das vítimas de tales agresións"


Ecos da Comarca/Arzúa

O Concello de Arzúa quere manifestar a súa máis enérxica condena ante a recente noticia aparecida nos medios de comunicación sobre a sentenza de prisión dun home acusado de acosar e tentar reter mozas na nosa localidade. "Este tipo de comportamentos son totalmente inaceptábeis e contrarios aos valores de igualdade, respecto e convivencia que promovemos no noso concello".


"Desde o Concello de Arzúa, reafirmamos o noso compromiso na loita contra calquera forma de violencia machista e acoso, e situámonos inequívocamente do lado das vítimas de tales agresións".


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

O Concello lembra que o Centro de Información ás Mulleres (CIM) está dispoñible para ofrecer recursos e asistencia a todas as mulleres que o precisen. "No CIM, atoparán un equipo de profesionais dispostas a escoitar, asesorar e acompañar en todo o proceso de denuncia e recuperación. Os servizos do CIM inclúen atención psicolóxica, asesoramento xurídico e acompañamento social, entre outros".


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

"Reiteramos o noso apoio e solidaridade con todas as vítimas e animamos a toda a cidadanía a denunciar estas situacións de acoso e violencias machistas. Xuntas e xuntos construiremos unha sociedade máis igualitaria, xusta e segura para todas".



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page