Laura Moure/Antas de Ulla
O Concello de Arzúa comezará en breve a recollida de plásticos derivados da actividade agrícola. Este servizo achegarase a todas as parroquias para facer a recollida, polo que todos aqueles veciños que teñan plástico e queiran desfacerse deles deben estar á hora indicada no lugar sinalado para cada parroquia. Só se poderán depositar plásticos procedentes da actividade agrícola (en ningún caso rodas, bidóns nin outros similares). O Concello recalca que os plásticos deben presentarse limpos e atados para facilitar as labores de retirada.
O servizo de recollida pasará a recoller os plásticos nos días, horas e lugares que se sinalan deseguido:
MARTES, 27 DE ABRIL
9:00 horas: Boente, no tramo da carretera antiga en Boente de abaixo.
9:30 horas: Figueiroa, no Curro.
10:00 horas: A Castañeda, no campo da festa.
10:30 horas: Vilantime, no campo da festa.
11:30 horas: Maroxo, no campo da festa.
12:00 horas: Brandeso, no campo da festa.
12:30 horas: Viñós, no campo da festa.
13:00 horas: Tronceda, xunto á escola.
13:30 horas: Dombodán, no campo da festa.
MÉRCORES, 28 DE ABRIL
9:00 horas: Branzá, xunto á igrexa.
10:00 horas: Pantiñobre, ao carón da escola.
11:30 horas: Lema, no campo da festa.
12:00 horas: Rendal, no campo da festa.
12:30 horas: A Mella, no campo da festa.
13:30 horas: Viladavil, xunto a pista polideportiva.
XOVES, 29 DE ABRIL
9:00 horas: Santa María, no cruce de Seixas.
9:30 horas: Santo Estevo, xunto á igrexa.
11:00 horas: San Martiño, no campo da festa.
12:30 horas: Oíns, no campo da festa.
13:00 horas: Dodro, xunto á igrexa.
13:30 horas: Burres, ao carón da escola.
"Prégase colaboración por parte dos veciños e veciñas respectando os horarios de recollida e depositando exclusivamente o plástico derivado da súa actividade agrícola e gandeira", incide o Concello.
Comments