O Concello de Arzúa leva a cabo este mes unha nova campaña de recollida de plásticos agrícolas
- Laura Moure

- 3 may 2023
- 2 Min. de lectura
Farase do 10 ao 12 de maio
Laura Moure/Arzúa
O Concello de Arzúa comezará en breve a recollida de plásticos derivados da actividade agrícola polas parroquias. Este servizo achegarase a todas as parroquias para facer a recollida, polo que todos aqueles veciños que teñan plástico e queiran desfacerse deles deben estar á hora indicada no lugar sinalado para cada parroquia.

Só se poderán depositar plásticos procedentes da actividade agrícola ( en ningún caso rodas, bidóns nin outros similares). Ademais o Concello recalca que os plásticos deben presentarse limpos e atados para facilitar as labores de retirada.
O servizo de recollida pasará a retirar os plásticos nos días, horas e lugares que se sinalan
deseguido:
MÉRCORES, 10 DE MAIO
9:00 horas: BOENTE, no tramo da carretera antiga en Boente de Abaixo.
9:30 horas. FIGUEIROA, no Curro.
10:00 horas. A CASTAÑEDA, no campo da festa.
10:30 horas. VILANTIME, no campo da festa.
11:30 horas. MAROXO, no campo da festa.
12:00 horas. BRANDESO, no campo da festa.
12:30 horas. VIÑÓS, no campo da festa.
13:00 horas. TRONCEDA, xunto á escola.
13:30 horas. DOMBODÁN, no campo da festa
XOVES, 11 DE MAIO
9:00 horas. BRANZÁ, xunto á Igrexa.
10:00 horas. PANTIÑOBRE, ao carón da escola.
11:30 horas. LEMA, no campo da festa.
12:00 horas. RENDAL, no campo da festa.
12:30 horas. A MELLA, detrás do local social.
13:30 horas. VILADAVIL, xunto a pista polideportiva
VENRES, 12 DE MAIO
9:00 horas. SANTA MARÍA, no cruce de Seixas.
9:30 horas. SANTO ESTEVO, xunto á igrexa.
11:00 horas. SAN MARTIÑO, no campo da festa
12:30 horas OÍNS, no campo da festa.
13:00 horas. DODRO, xunto á igrexa.
13:30 horas. BURRES, ao carón da escola.
"Prégase colaboración por parte dos veciños e veciñas respectando os horarios de recollida e depositando exclusivamente o plástico derivado da súa actividade agrícola e gandeira", subliña o Concello.




Comentarios