O programa está dirixido a mulleres e a previsión é comezar o sábado 26 de agosto coa primeira andaina e continuará até comezo do mes de novembro
Laura Moure/Arzúa
A Concellaría de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa lembran que está aberto o prazo para anotarse no programa de andainas baixo o nome “Camiño á igualdade: Arzúa unha nova etapa”, un programa de andainas dirixido a mulleres que busca xerar un espazo de encontro e lecer para as mesmas no Concello de Arzúa.
“Trátase dun programa que nace con dúas metas fundamentais: achegar unha alternativa de ocio saudable para as mulleres ao tempo que facilitar ás mulleres de Arzúa espazos seguros e de encontro”, explica a concelleira de Igualdade, Lucía López.
Publicidade
A previsión é comezar este sábado, 26 de agosto, coa primeira andaina que sairá ás 11 horas da Praza de Galiza, nunha andaina circular que percorrerá diferentes lugares da contorna do casco urbano arzuán.
Publicidade
Desde a Concellaría de Igualdade e o CIM de Arzúa convidan ás veciñas de Arzúa a participar deste programa "co que descubriremos novos lugares do noso concello ao tempo que tecemos redes entre nós, coñecéndonos e compartindo tempo e conversas entre veciñas”.
Comments